Sábado, 3 Maio de 2025

Proxecto do Parque Forestal Monte Castelo

O Concello de Salvaterra de Miño, foi beneficiario dunha subvención con cargo á Liña 1 da convocatoria de subvencións a concello destinada á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais, da Deputación Pontevedra.

A subvención foi para a redacción do proxecto do futuro parque forestal denominado Monte Castelo, a petición da MVMC de Pesqueiras e en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, e que conta cunha extensión de 31,35 ha.

O obxecto desta axudas é a elaboración de proxectos de parques forestais e a súa execución na província de Pontevedra , entendéndose por tales as zonas de monte con suficiente amplitude , mínimo 30 hectáreas, con valores paisaxísticos a preservar e poñer en valor e que abrangan área continuas e coherentes , tratadas mediante a execución dun proxecto que teña por finalidade potenciar os valores paisaxísticos, o uso e disfrute xeral por  parte dos veciños/as e a resistencia aos incendios, tanto na posibilidade que se orixinen como nos seus efectos no caso de iniciarse.