Sábado, 3 Maio de 2025

Os cursos de natación de Salvaterra preparan a súa festa de fin de curso

Máis de 70 persoas déronse cita este verán nos cursos de natación que organizou o Concello de Salvaterra de Miño nas piscinas municipais durante os meses de xullo e agosto. Foron dous meses de diversión e aprendizaxe a partes iguais, onde os monitores traballaron dende con nenos e nenas a partir dos 4 anos, ata adultos sen límite de idade.

Con este tipo de actividades en grupo, tal e como explicaba a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, “búscase potenciar valores transversais como o é o compañeirismo, algo moi a ter en conta sobre todo na formación dos máis pequenos, ademais de facer exercicio e aprender a nadar”.

Nos cursos os grupos foron clasificados por idades para que non houbera grandes diferencias tanto na carga como na complexidade das tarefas.

O venres 30 de agosto, o Concello de Salvaterra ten previsto un acto de clausura no que os nenos e nenas e os maiores recibirán o seu diploma e gorro, ca cor que alcanzaron nas súas respectivas clases. Ademais durante a maña poderán gozar de xogos, música e inchables para despedir o verán xunto os seus monitores