Mércores, 30 Abril de 2025

Os alumnos do CRA A Lagoa de Salvaterra visitan a nova biblioteca

Con motivo da celebración do Día do Libro, o CRA A Lagoa organizou a semana pasada unha actividade dinamizadora da lectura, cunha saída á nova Biblioteca Municipal. Esta visita tiña o fin de que os máis cativos coñeceran as instalacións e toda a maxia que alí se concentra, sobre todo no espazo específico que este edificio ten para os máis pequenos.

Nesta saída participaron preto de 100 nenos de entre 3, 4 e 5 anos de idade do CRA, que desfrutaron das explicacións da bibliotecaria, que de primeira man lles ensinou as instalación e o funcionamentos das mesmas.

Ademais, tamén lles fixo os carnets de lectura ao 77 % dos pequerrechos, xa que o resto xa o tiña, co fin de motivalos e que volvan cos seus pais para seguir desfrutando da lectura e de todo o que lles ofrece este novo edificio.