O Concello de Salvaterra de Miño tivo o pracer de recibir onte a unha deportista moi especial, xa que ademais de ser veciña da parroquia de Alxén dende fai un par de anos, é a recente campiona de España de Tiro con Arco en Sala (18 metros) na modalidade de LONGBOW (arco tradicional).
Ainda que leva ao redor de 7 anos no mundo do arco, Mónica Ledo xa posúe un palmarés envexable, acadando varios logros de importante valor competitivo, no que hai que destacar un bronce individual femenino no Campionato de España en Sala 2018, un 5º posto no ano 2020 e, por suposto, o recente ouro que nos amosa con moito orgullo.
Ademais, esta campiona tamén compite en modalidade de Aire Libre (30 metros), obtendo unha valiosa medalla de prata en indicidual e un ouro por equipos mixtos.
Sen dúbida, estamos diante dunha muller con moita puntería nunha especialidade moi complexa, xa que na modalidade de LONGBOW “os arcos son tradicionais, sen poleas, sen estabilizadores, sen visor, onde o equilibrio e a precisión corren a cargo da arqueira, sendo a intuición a ferramenta estrela en cada flecha”, comenta a veciña da vila, matizando coa alcaldesa e co concelleiro de Deportes, as diferencias que se poden atopar con outras modalidades no tiro con arco.
Dende O Concello queren dar os parabéns a Mónica, que se suma a un amplo número de deportistas locais de alto rendemento dos que nos síntense moi orgullosos, e que anima ao Concello a seguir apostando polo deporte de Salvaterra.