Domingo, 4 Maio de 2025

Homenaxe en Salvaterra a Antonio Bernárdez Gándara

Acto de nomeamento do Campo Municipal Dextros este domingo 10 de septembro

O vindeiro domingo día 10, temos unha cita ás 16:30 no Campo Municipal de Dextros para homenaxear a un home que deu ata o último alento da súa vida polo fútbol local.

Antes do partido que inicia o campionato de liga entre a S.D. Salvaterra e o Crecentense, terá lugar o acto de nomeamento do Campo Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros, en memoria do eterno presidente do clube e das Escolas Deportivas.