23.5 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoA campaña "Quere o teu mercado" chega a Salvaterra

    A campaña “Quere o teu mercado” chega a Salvaterra

    O Concello de Salvaterra, dentro da campaña autonómica “Quere o teu mercado” organiza unha actividade de cociña no mercado municipal para os máis cativos.

    O sábado 3 de xuño, de 11:00 a 12:30 horas, os nenos poderán cociñar no mercado. A actividade está dirixida para idades de entre 5 e 14 anos onde os participantes mercarán e farán unha receita na praza de abastos.

    Desde o Concello anímase a todos os nenos da vila a participar nesta actividade, subvencionada pola Xunta de Galicia dentro da campaña “Quere ao teu mercado”, co propósito de que os más cativos e os veciños  coñezan a profesionalidade e bo facer dos  praceiros, e saiban mercar produtos frescos e da zona.

    As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ara o venres 2 de xuño ás 14:00 horas, mandando unha mensaxe electrónica a animacion@concellodesalvaterra.org indicando nome, apelido e idade.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.