Sábado, 3 Maio de 2025

O PSOE cualifica de “auténtica imprudencia” que un medio publique o lugar de traballo de mulleres vítimas de violencia machista

O PSdeG-PSOE de Ponteareas, nun escrito remitido aos medios de comunicación, cualifica de “auténtica imprucendia e falta de rigor por parte dun medio de comunicación, mencionar aspectos tan sensibles e privados como os centros de traballo das mulleres contratadas vítimas de violencia machista”.

A reunión mantida non día de onte entre Goberno e oposición, serviu para aclarar que as afirmacións feitas por un medio de comunicación acerca da contratación de once mulleres víctimas de violencia machista “non eran verdade”. Sinalan os socialistas.

PSdeG-PSOE de Ponteareas saiu aclarou quenon é certo que haxa unha sentencia firme sobre o traballador municipal que se menciona no medio, senon que o que existe é unha medida cautelar de afastamento.

“O mesmo medio, –continua o grupo municipal socialista de Ponteareas– afirma que unha das mulleres contratadas, suposta vítima do presunto agresor, se atopa baixo a dirección deste, o que resulta ser completamente falso”.

O PSOE considera que este tema é o suficientemente sensible “como para exisirlle ao medio de comunicación unha rectificación inmediata”. Do mesmo xeito “consideramos que é unha auténtica imprudencia e falta de rigor por parte do medio o mencionar aspectos tan sensibles e privados como os centros de traballo das mulleres contratadas”, apuntan o grupo socialista.

Por outra banda, o PSOE quere sinalar que cando aos concelleiros socialistas lles chegaron rumores da posible designación do responsable para unha parte das mulleres víctimas de violencia machista, sobre o que pesa unha medida cautelar de afastamento por violencia machista, falaron inmediatamente co Alcalde “para que tomara conta da situación e adoptase as medidas que considerase oportunas”.

“Tras a marcha do alcalde e non tendo os concelleiros constancia da reversión da situación, deciden convocar unha reunión coa alcaldesa en funcions, Cristina Fernández, e coa concelleira de igualdade, Verónica Carrera, área dende a que se tramitou a subvención da contratación”, sinala o PSOE.

Nesa reunión, e sempre segundo o PSdeG-PSOE de Ponteareas, “os concelleiros e concelleiras socialistas novamente manifestan a necesidade de non facer o nomeanento do responsable previsto, considerando que ademais de ser isto o que corresponde ética e moralmente, é ademais unha medida prudente e que beneficia tamén ao traballador evitándolle unha situación desafortunada como a qué se está a producir nestes intres”.

“Así o manifesta tamén o propio traballador no escrito enviado ao Alcalde no que solicita que se tomen as medidas necesarias para poder desenvolver o seu traballo e cumprir coas obrigas legais da medida cautelar”, apunta o PSOE.

O PSOE remata sinalando que “apoia e apoiará todas as medidas que sexan precisas para protexer os dereitos das mulleres víctimas de violencia machista e non perxudicar a ninguén, non so nunha declaración de intencións senon con feitos nas suas responsabilidades de goberno”.