A pasada fin de semana, 12 e 13 de xuño, o complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acolleu o Campionato Galego Máster de natación, unha cita na que se deron cita preto de 250 nadadores e nadadoras de 25 clubs galegos. Era esta á única cita autonómica da categoría esta tempada, logo da cancelación, por motivos sanitarios, do campionato galego de inverno o pasado febreiro.
O evento celebrouse baixo un protocolo sanitario estricto que engadía, por exemplo, a entrada e saída ao recinto mediante código QR e, como ven sendo habitual, sen público na grada.
[su_image_carousel source=”media: 39031,39030,39029,39027,39026,39025,39024″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
A nivel deportivo, o club anfitrión obtivo uns resultados máis que salientables: campións gaegos na categoría conxunta; campioas galegas na categoría feminina e subcampións galegos na categoría masculina e proclamándose os nadadores do CN Escualos, campións galegos.
Aproveitando a cita, o sábado fíxose entrega tamén do trofeo de Campións de Liga 20-21, galardón que tamén acadou o equipo máster do C.N. Ponteareas, como resultado da regularidade amosada nas 5 xornadas de liga.
Máis alá dos resultados deportivos, a organización do campionato foi gabada polos clubs participantes, recollendo numerosas mensaxes de agradecemento de nadadores e nadadoras que agradeceron as mostras de agarimo, profesionalidade e os pequenos detalles que fixeron que as e os participantes só tivieran que ocuparse de disfrutar da natación.
O club agradece asemade a colaboración dos voluntarios, colaboradores e patrocinadores e por suposto o respaldo do Concello de Ponteareas para facer realidade esta fin de semana Deportiva.