10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: open de españa enduro

    Ismael Romero, do Pontebike Team, subcampión do Open de España de Enduro 2020

    Ismael Romero Ucha Junior do Pontebike Team, equipo de enduro recentemente creado en Ponteareas, proclámase Subcampión do Open de España de Enduro 2020. O Pontebike Team desprazouse en febreiro deste ano á primeira proba do Open de España de Enduro, disputada en La Adrada, Ávila, onde varios dos seus corredores mostraron as súas habilidades na primeira proba a nivel nacional do recentemente creado Club.

    Magnífico papel do PonteBike Team no ‘Open de España de Enduro’

    O PonteBike Team de Ponteareas, presentado oficialmente hai pouco máis dunha semana, tiña xa a súa primeira cita esta pasado fin de semana en La Adrada, en Ávila, onde se disputaba a primeira proba do 'Open de España de Enduro' e a pasaba con nota. O equipo ponteareán desprazaba ata terras castelás aos seus corredores, da categoría junior, Ismael Romero Ucha e Pablo Porto Otero.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.