Sábado, 3 Maio de 2025

Incendio nunha casa en Ponteareas

Un incendio provocou danos nunha casa situada no lugar da Raño, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Concretamente, o incendio deixou calcinadas dúas habitacións e o faiado da vivenda.

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio ás catro e medio da tarde de onte, a través dunha persoa particular. Segundo indicaba na súa comunicación, a causa do incendio era o mal funcionamento dunha cociña de leña e engadía que ningunha persoa estaba ferida.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do GES-SPEIS de Ponteareas, da Garda Civil, de Protección Civil e da Policía Local.

Tras sufocar o incendio, os servizos de emerxencia levaron a cabo a ventilación da casa.