A Banda da Escola de Música de Xinzo desembarcará este domingo 27 na sala multiusos do auditorio municipal de Ponteareas para ofrecer un concerto dirixido baixo a batuta de Ángel Antonio Montes.
A actuación será ás 12:30 horas e de balde, aínda que contará con prazas limitadas e será preciso reservar entrada a través do enderezo electrónico [email protected].
Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba invítase a toda a veciñanza a participar nesta actividade cultural protagonizada por unha banda con preto de 15 anos de historia e numerosos premios ás súas costas.
A Banda da Escola de Música de Xinzo naceu ao abeiro da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, que conta cunha escola de música propia con máis de 60 alumnas e alumnos matriculados e na que se imparten todas as disciplinas instrumentais.