Venres, 2 Maio de 2025

As Axencias de lectura de Areas, Xinzo e Ribadetea volven a abrir as súas portas

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de dar a coñecer que as Axencias de Lectura de Áreas, Xinzo e Ribadetea volverán abrir as súas portas a vindeira semana. O horario será de 16:00 a 18:00 h os martes en Areas, os mércores en Xinzo e os xoves en Ribadetea.

É, sen dúbida, unha boa nova a reapertura dunhas instalacións que xogan un papel determinante á hora tanto de fomentar a lectura coma de converterse nun centro integrador e dinamizador da vida cultural nestas parroquias.

Todas estas axencias acollerán un contacontos un día á semana, para desta forma animar aos máis cativos a achegarse e coñecer a súa biblioteca máis próxima.

Tamén na Biblioteca Municipal de Ponteareas, todos os xoves, a partir da vindeira semana, haberá un contacontos para nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos.

O contacontos é como un momento máxico de encontro coa literatura fundamentada no moito que lles gusta aos nenos e nenas destas idades temperás que o adulto lles lea.