Domingo, 4 Maio de 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado chama, nun acto público, a participar na manifestación do 14N

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado celebrou este sábado 6 de novembro un acto público no que interveu o portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín. Logo da presentación do acto a cargo do portavoz da Plataforma do Condado, Xurxo Porritt, seguiu a intervención do doutor Manuel Martín ao longo da cal denunciou as políticas destrutoras da sanidade pública practicadas pola Xunta de Galicia.

Segundo sinalou, ditas políticas estas orientadas en última instancia cara a privatización da sanidade e coa que, se non e lles pon freo,  acabarán convertendo a sanidade pública nun privilexio para quen a poida pagar.

Segundo explicou, para frear o deterioro da sanidade pública é necesario un aumento de orzamento acompañado da redución das privatizacións, unha liña política xusto ao contrario do que está a facer o PP na Xunta de Galicia.

Por outra banda, no acto animouse á veciñanza a que participe na manifestación convocada por SOS Sanidade para o vindeiro 14 de novembro en Santiago de Compostela. Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado estanse a organizar autobuses cara a dita manifestación para facilitar a participación da veciñanza da contorna.