A ‘contacontos’ Bea Campos estará hoxe na bliblioteca de Ponteareas

Dentro das actividades programadas no ‘Mes da biblioteca’ de Ponteareas, a contacontos Bea Campos estará hoxe ás 18 horas na Biblioteca Pública Municipal da rúa Perillana para facer da tarde un mundo divertido cheo de creatividade co seu relato ‘Unha manchea de contos’.

Debido as restricións pola Covid o aforo é limitado e para participar haberá que anotarse previamente no teléfono da biblioteca 986 660765 ou no enderezo bibliotecamuseo@ponteareas.gal

Scheduled Ponteareas