Domingo, 4 Maio de 2025

A Concellería de Cultura reparte lotes de libros ás casas de cultura das parroquias de Ponteareas

O obxectivo do departamento que dirixe Fernando Groba, é que a veciñanza poida contar "cun fondo de libros no que ocupar o seu tempo de lecer e acceder á cultura".

A concellería de Cultura, que dirixe Fernado Groba, procedeu ao sorteo dun total de 24 lotes de libros entre as casas culturais de tódalas parroquias ponteareás. A Biblioteca Pública Municipal fai posible así que estes libros viaxen a cada recuncho do concello brinda a oportunidade a toda a veciñanza de gozar dun fondo de libros cos que ocupar o seu tempo de lecer e acceder á cultura e á lectura.

Nas vindeiras semanas a biblioteca volverá realizar novos sorteos que permitirán engrosar os fondos bibliográficos das casas culturais achegando os distintos xéneros literarios.