A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolle esta semana unha nova actividade pensada para o fomento da lectura dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia, o xoves 8 de xullo ás 11.30 horas o colectivo Polo Correo do Vento traerá á biblioteca a actividade baseada na súa publicación ‘Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua’, na que contan, ilustran e musicalizan a biografía da escritora, poeta e tradutora á que este se lle dedicou o Día das Letras Galegas.
O obxectivo é “promover entre o público máis novo non só a lectura, senón tamén a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. Esta actividade permite ademais achegar aos nenos e nenas á biblioteca como “un espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais”.
Para participar na actividade é necesaria a inscrición previa na propia biblioteca, chamando ao 986 660 765 oua través do enderezo electrónico [email protected].