O vindeiro sábado 10 de outubro, a Biblioteca Municipal de Mondariz acollerá a segunda edición do obradoiro “Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético” que constará de dúas sesións, unha de mañá e a outra de tarde. Ademais, o día 3 de outubro, producirase a primeira edición da mesma xornada técnica.
A entrada ao obradoiro é de balde, e haberá que inscribirse previamente ata o 6 de outubro. Para inscribirsé hai que descargar a folla de inscrición na páxina web da Consellería do Medio Rural: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-deformacion-2020. Despois, cubrir a folla de inscrición e enviar a: [email protected].
Os destinatarios destar xornadas son:
- Persoas do medio rural
- Traballadores do sector agrario, agroalimentario e forestal
- Propietarios agrícolas ou forestais
- Membros de comunidades de montes veciñais en man común e de asociacións rurais
- Titulados da rama agro-forestal
- Empresas agrícolas, agroalimentarias e forestais
O aforo da actividade será limitado, cumprindo así todas as medidas do protocolo da Covid-19. A sesión da mañá constará dunha serie de presentacións sobre os tipos de planta, procedencia e as posibles aplicacións terapéuticas. Ademais do cultivo das mesmas e o procesado.
Xa na sesión da tarde, desenvolverase un taller práctico que se centrará nas normas de recolección de plantas para uso medicinal e aromático ou na obtención de extractos de plantas medicinais e aromáticas.
Toda a información podes atopala descargando o cartel nesta ligazón.