Tag: hípica
Redondela, Mondariz Balneario, Tui e Mos entre as sedes hípicas que acollerán a segunda edición da Liga Territorial de Saltos ‘Xogade’
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, presentou da man da Federación Galega de Hípica a segunda edición da Liga Territorial de Saltos Xacobeo Xogade 2022 que transitará polos principais clubs de hípica das Rías Baixas e na que competirán dous centenares de nenos e nenas de todas as idades.
Escolas de verán de piragüismo e hípica no Concello de Mondariz
O Concello de Mondariz, por segundo ano consecutivo, organiza dúas escolas de verán para iniciar á mocidade no piragüismo e na hípica, en colaboración co Club Tea de piragüismo (Mondariz-Balneario) e coa escola hípica A Lagoa (Mondariz).
Recepción en Mos a unha promesa da hípica
Onte á tarde celebrouse no Pazo de Mos a recepción ao deportista Hugo Vila Malvido de 10 anos, en recoñecemento polo título acadado na copa galega 2020 de salto con poni na categoría de ponis A, onde acadou a medalla de ouro.
«15k do Atlántico» da Guarda
O
vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior
número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do
Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en
patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional
andaina e, como non podería ser doutra forma, a...