9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesAs medidas de protección impulsadas polo Concello da Neves axudan a que...

    As medidas de protección impulsadas polo Concello da Neves axudan a que o municipio rexistrase un só caso de COVID-19

    Ante a entrada na ‘fase 1’ da desescalada da limitación da mobilidade por mor da pandemia do Covid-19, o Goberno municipal das Neves vén de facer públicas as medidas aprobadas polo Goberno do Estado e de lembrar a necesidade de seguir gardando a distancia social, o lavado frecuente de mans e uso de mascarilla nos supostos recomendados.

    Dende o Concello sublíñase que nas Neves hai un so caso confirmado de coronavirus “un feito ao cal contribuíron as iniciativas postas en marcha polo Goberno local, medidas que seguen vixentes e aplicándose a día de hoxe”.

    Reparto de material de protección

    Entre as medidas desenvolvidas dende os primeiros momentos da crise sanitaria cabe salientar a entrega de máscaras e luvas ás traballadoras e traballadores de todos os establecementos abertos ao público no concello –supermercados, farmacias, tendas, quiosco ou a gasolineira– ás que se sumarán aqueles que comezaron a abrir este luns.

    Tamén se está a realizar a distribución, en máis de 30 puntos de toda a vila, de máscaras a todas as veciñas e veciños das Neves que as precisen, “unha medida reforzada coa entrega, na casa, de mascarillas a persoas que non podían desprazarse e a estudantes dos centros de ensino”.

    Do mesmo xeito, o Concello fixo chegar material de protección individual (EPIs), luvas, máscaras, pantallas e batas, ás traballadoras e traballadores municipais como os de Axuda no Fogar, Servizos Sociais ou de limpeza, tamén ao persoal do Centro de Saúde, onde o Concello instalou unha mampara para separar unha zona específica, na que se pode atender as nenas e nenos de pediatría que cheguen ao centro con febre e reforzar, aínda máis, a seguridade de cantos teñen que ir ao médico.

    Onte refórzouse esta medida, coincidindo coa reapertura, con cita previa, do departamento de Servizos Sociais colocando no propio Concello dispensadores de xel hidoalcólico e caixas con mascarillas hixienizadas para aquelas persoas que acudan a facer calquera xestión.

    Limpeza e desinfección

    Así mesmo dende hai seis semanas, persoal de Concellería de Servizos Públicos realiza a desinfección nos lugares máis transitados das Neves-coma o Mercado, gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos-, ademais dos edificios públicos.

    Esta actividade complétase coa hixienización de 331 puntos nos que se atopan as illas e contedores do lixo e a ampliación do número deles para a recorrida de envases de plástico -os colectores de color amarelo- .

    Este traballo faise en todas as parroquias, poñendo especial coidado nas zonas nas que é máis habitual o paso e o movemento de veciños e que,  subliña o concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, Óscar González, “se repetirá as veces que sexa necesario e durante o tempo que sexa preciso”.

    Colaboración veciñal para confección de mascarillas

    Ante o aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario, que aporta a coordinadora do equipo solidario de bastas e mascarillas de Ponteareas, Maite Isla.

    Unha das voluntarias das Neves confeccionando material de protección

    Nesta iniciativa, na que colaboran 40 veciños e veciñas das Neves, entre elas unha voluntaria de máis de 90 anos, o Concello achega os tecidos xa cortados ás casas destas veciñas, que son as encargadas da súa confección e, xa rematadas,  é tamén o propio Concello o encargado de recoller as mesmas e facer a súa distribución, neste traballo contan coa colaboración desinteresada da taxista local Nieves González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.