Venres, 2 Maio de 2025

A presión do Goberno local e da veciñanza das Neves logra que Abanca volva a abrir de luns a venres

A oficina de Abanca nas neves abrirá as súas portas de luns a venres a partir do luns día 25. Logo das presións do Goberno local e da veciñanza, a entidade bancaria atenderá ao público os cinco días da semana de 8 horas a 14:15 horas, nun horario que era o habitual antes da declaración do estado de alarma e, ademáis, volverá a contar con dúas persoas na sucursal.

Restablecemento da atención presencial no Concello

Tamén dende o vindeiro luns, día 25 de maio, o Concello das Neves restablece a atención presencial á veciñanza, tanto na Casa do Concello como nas dependencias de Servizos Sociais, en horario de 09:00 a 14:00 h.

O Goberno local asegurou que se adoptarán “todas as medidas sanitarias de seguridade para evitar os riscos de contaxio”. As veciñas e veciños que acudan a facer calquera trámite estarán obrigados a levar máscara de protección e deberán manter, en todo momento, a distancia de separación social. Terán a súa disposición xel hidroalcólico para as mans.

O Concello adianta que tan só se atenderá ás persoas que teñan cita previa que pode pedirse telefónicamente chamando á Casa do Concello, no 986 64 80 38; a Servizos Sociais, no 986 66 71 34 e 689 98 42 10, ou a través da Sede Electrónica do Concello https://concelloasneves.sedelectronica.gal.