A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio (ACD Sanomedio) organiza un ano máis, co o apoio do Concello das Neves a súa a IX ruta BTT ‘Los 66 del Requesón’, proba que terá lugar este vindeiro domingo. Paralelamente desenvolveráse unha ruta de sendeirismo, apta para todas as idades, cun percorrido de 13 quilómetros.

A ruta BTT terá a súa saída o domingo, día 15 de marzo a partires das 9:00 horas, dende a Praza Maior das Neves. As e os participantes poderán optar por dous percorridos, ámbolos dous de dificultade media. O longo será unha Bike Maraton de 66 quilómetros mentres que o ‘curto’ será unha marcha cicloturista de 33 quilómetros.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición entrando na páxina web www.acdsanomedio.com. Unha vez rematada a proba haberá agardando aos participantes, para recuperar forzas, un prato de pasta, requeixo e viño de Rubiós.
Sendeirismo
Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo, pensada para todas as idades, polos montes do concello cunha distancia de 13 quilómetros. Durante a mesma haberá avituallamento sólido e líquido.
Para participar é obrigatoria a inscrición previa a través da web www.acdsanomedio.com, mediante SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616 992 177 ou 629 270 651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico á dirección: organizació[email protected] o prezo é de 5 €.