Domingo, 4 Maio de 2025

O ‘Espaço vivo’ da ‘Ofizina Cultural’ de Salceda presenta esta fin de semana ‘Sapoconcho sem poncho’ e ‘Os Putos’

O ‘Espaço vivo’ da ‘Ofizina Cultural’ de Salceda presenta esta fin de semana unha dobre xornada con ‘Sapoconcho sem poncho’ o sábado 12 de setembro e ‘Os Putos’ o domingo 13 de setembro, ámbolos dous no Eixo Xandoval, en Vendanova, Salceda de Caselas.

Sapoconcho sem poncho

Membro dos colectivos Brigada Sound (GZ) e Chukchuy (GZ/ESP) é un viaxeiro musical que levaranos de ruta desde o máis profundo dos Andes ata o este de europa, facendo paradas en mil e unha latitudes do mapa mediante os sons máis eclécticos.

Partindo da cumbia en todas as súas variantes, chegaremos á música balkánica máis frenética, cos bombos ben marcados da música africana “ou poñendo as pernas a bailar con ritmos cariocas”. dándolle un toque de ritmos xamaicanos ou mesmo con ritmos do folclore galego “chegaremos a un punto no que ninguén manterá os pés no chan nin un segundo máis!”.

As portas abrirán ás 19 horas do sábado 12 de setembro para ás 20 horas dar comezo a sesión Dj ‘Sapoconcho sem Poncho’. A xornada rematará ás 21 horas cunha cea popular vegana.

Os Putos

É, segundo os organizadores “unha banda creada para gozar ao vivo e non parar de bailar”. Os Putos xuntan letras irónicas, provocadoras e políticamente incorrectas pero sempre comprometidas. Serán trinta minutos de intenso e primitivo Rock&Roll en galego internacional.

A apertura de portas terá lugar ás 12 horas do domingo 13 de setembro e o concerto dará comezo ás 13 horas. Cara as 14 horas pecharase a xornada cun xantar popular vegano.

Para todos os actos é precisa a inscrición previa no teléfono 622 193 026 sendo a entrada gratuíta para as socias e socios da A.C.S.A. A Ofizina Cultural.