Sábado, 3 Maio de 2025

Loli Castiñeira, “xa lle gustaría ao PP de Salceda que neste Goberno cada quen fora por seu lado”

Movemento Salceda pídelle ó PP de Salceda "que se deixe de demagoxia" e rétao a expli­car como se pode atender as necesidades e as peticións da veciñanza, incluso os nume­rosos rogos e mocións dos plenos realizados pota oposición, sen usar os recursos do Goncello.

A portavoz de Movemento Salceda, Loli Castiñeira lembroulle aos populares de Salceda que no Goberno local “non están solo Tourón e Castiñeira”, senón un grupo de sete persoas “que desenvolven as súas áreas de forma coordinada” “Xa lle gustaría ao PP de Salceda que cada quen tora polo seu lado”, afirmou Castiñeira.

Responde así a voceira de Movemento Salceda a unha nota de prensa do Partido Popular de Salceda na que a menciona directamente: “efectivamente a compañeira Verónica ten o seu estilo e eu tiña o meu, pero o noso Goberno no seu conxunto traballa en continuar co proxecto de facer unha Salceda mellor para todas e todos, e necesariamente teñen que gastarse cartos, cada compañeira e compañeiro na súa área, pero co fin común e exclusi­vo de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.

Castiñeira engadiu que “asemella que o PP de Salceda desvaría porque por un lado critica que se paguen agora traballos feitos en 2021, algo lícito e legal, e por outro pide un maior gasto en determinadas materias para as que non sempre existe partida orzamentaria”.

Movemento Salceda coincide co conxunto do Goberno municipal en que lles gustaría un presuposto máis ambicioso, “pero neste momento non foi posible”. Gustaríanos, engade a voceira de Movemento Salceda “que hoube­se un maior compromiso da Xunta de Galicia do PP co noso Concello, como si o ten a Depu­tación de Pontevedra, gobernada polo PSOE e BNG”.

A voceira de MS quixo tamén recoñecer, unha vez máis o” magnífico tra­ballo realizado pola compañeira Lucía Pereira ao fronte da área de Facenda, unha área complexa e nada agradecida que Lucía xestiona con rigorosidade e dun xeito impecable”.

Rematou Loli Castiñeira pedíndolle a Santiago Rodríguez Davila “que se tranquilice, que aínda falta máis de un ano para as eleccións e temos moito que traballar para atender as demandas da veciñanza desta localidade seguindo cos nosos proxectos, con seriedade e por suposto pagando todo o que se debe, aínda que o PP se empeñe en votar en contra de pagar os traballos e servizos realizados”