Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada tras unha colisión entre dous vehículos, na localidade do Porriño.
O sinistro tivo lugar ás nove da noite de onte, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dos servizos médicos para alertar do acontecido. O alcance entre os dous coches produciuse en Pontellas, na estrada que une Torneiros con Mosende.
Para acudir ao punto, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) déuselle aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil do concello.
Finalmente, Protección Civil do Porriño comunicoulle ao 112 que unha persoa necesitou ser trasladada.