A Asociación deportiva Avanza apura ata o último detalle de cara a xornada do sábado, na que o velódromo municipal do Porriño acollerá unha xa clásica proba do ciclocross galego. Nerviosismo e emoción entre os e as deportistas da Escola da Asociación Deportiva Avanza para participar nas dúas probas que se disputarán na fin de semana e que suporán o peche final da Copa Galicia de Ciclocross.
Non se pode esquecer que os riders da escola de ciclismo Avanza chegan a este punto con catro maiots de líder entre as súas filas. David Fernández que no mes de setembro conseguía proclamarse campión de España Sub 23 na modalidade de Enduro, agora amósanos a súa valía tamén na modalidade de Ciclocross intentando manter o maiot de líder ata a xornada do domingo.

Na categoría Júnior Feminino Laura Mira, que no mes de xaneiro proclamábase campiona de España na categoría cadete, atópase agora ás portas de proclamarse campiona da Copa Galicia de Ciclocross. André Martínez, na categoría Júnior, vén realizando unha magnífica tempada e atópase en condicións de repetir o titulo de Campión Galego da Copa de ciclocross, o que xa fixo na tempada pasada. Na categoría cadete feminino, Uxía Soto, campiona Galega 2019, subcampiona da Copa Galicia de ciclocross na tempada pasada e Subcampiona de España e, por último, non se pode deixar de mencionar a Marta Estévez que ven pedaleando en posición de bronce no ranking da Copa Galicia.
Desde a Escola de ciclismo Avanza cruzan os dedos, coñecedores da incertidume que nos esta a acompañar durante todo este ano 2020. O Club está en permanente co Concello do Porriño para adaptarse as novas normalidades que impón a evolución da pandemia da COVID e conseguir sacar a proba adiante.
Cómpre lembrar que a copa Galicia de Ciclocross 2019 contou cunha veintena de probas e na edición do 2020 tan conta con cinco probas, unha das graves consecuencias xeradas pola pandemia, xa non só en temas de saúde, se non tamén económicas. Unha pandemia que agravou aínda mais as necesidades económicas de moitas familias ante a destrución de postos de traballo. Así, a Asociación deportiva Avanza fai un chamamento a solidaridade dos corredores que acudan a participar é da veciñanza que, a pesar de que as probas disputaránse sen público, poidan achegarse para colaborar achegando alimentos non perecedoiros, recollida que se levará a acabo durante toda a xornada para, posteriormente, distribuírse entre as familias máis necesitadas.