Luns, 5 Maio de 2025

O “Louriña Cycling Team” estréase ao grande nos campionatos de España contra reloxo e fondo en estrada

Sonia Parente e Uxía Fernández, dúas cicilistas do “Louriña Cycling Team”  fixeron a estrea do novo equipo ciclista porriñés que participou o pasado fin de semana, nos campionatos de España contra reloxo e de fondo en estrada que se celebran en Jaén.

Sonia rematou no posto 26 da clasificación na proba de contra reloxo feminina disputada hoxe sobre un percorrido de 26 quilómetros entre La Iruela e a Serra de Cazorla que realizou en 52’51”. A súa compañeira de equipo, Uxía Fernández rematou no posto 27 da clasificación cun tempo de 55’00”.

O sábado, ambas as dúas xunto ca súa compañeira Elena Caride participaron na proba en liña do Campeonato de España feminino élite que se realizou sobre unha distancia de 105 quilómetros nun circuito entre Ubeda e Baeza.

Finalmente, o domingo foi a quenda dos homes. Un ciclista do equipo porriñes, Roberto Mediero participou na proba en liña élite que cubriu un percorrido de 185 quilómetros, tamén entre Ubeda e Baeza.

David Alonso, concelleiro de  Deportes do Porriño, desplazouse ata Jaén para acompañar ao novo equipo na súa posta en escea. O Concello do Porriño é o principal patrocinador do “Louriña Cycling Team” que próximamente realizará a súa presentación oficial na nosa vila.