Domingo, 4 Maio de 2025

Detida unha persoa en Atios por un presunto delito de violencia machista

A Policía Local do Porriño detivo a un home de 50 anos logo de que, presuntamente, agredira á súa dona e ao seu neto de 6 anos, feridos de diversa consideración

A Policía Local do Porriño detivo, esta pasada noite a un veciño de Atios, A.G.F., de 58 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero. As vítimas son a súa esposa, unha muller de 52 anos e o seu neto de 6 anos, ambos feridos de diversa consideración.

Os feitos aconteceron na vivenda nº 36 en el barrio de A Pontenova, en Atios, ao recibir a Policía Local un aviso do 112 Galicia ás 2,15 horas da mañanciña. Nesa chamada dábase conta que unha muller e un neno denunciaran ter sido agredidos polo marido dela e que estaban na rúa agardando a chegada dunha ambulancia.

Cando chegou a patrulla, a ambulancia xa recollera ós feridos. Os axentes falaron co home que recoñeceu que tivo unha pelexa coa súa muller, comprobando os efectivos da Policía Local a existencia de manchas de sangue na habitación onde se produxo a discusión e atoparon, debaixo da cama, un coitelo de cociña con sangue polo que procederon a detención de A.G.F.

No que atinxe ós feridos a muller, que presentaba varios cortes en brazos e mans, foi trasladada ao Hospìtal Alvaro Cunqueiro, pendente de intervención cirúrxica. Tamén o neno foi trasladado ao centro hospitalario vigués con lesións nunha man e pendente de recibir atención psicolóxica xa que estaba presente na habitación onde transcurriron os feitos, segundo as pesquisas realizadas pola a Policía Local.