Os riders da escola de ciclismo Avanza do Porriño trasladáronse a pasada fin de semana ata a localidade madrileña de Villa del Prado para participar na SUPER CUP UVES-X-SAUCE VILLA DEL PRADO como previo, e o inicio do OPEN DE ESPAÑA XCOFIDIS que dará comezo a vindeira fin de semana no parque forestal Cerro de las Contiendas, en Vallladolid.
Ata catorce corredores da escola de ciclismo Avanza do Porriño acudiron ata a localidade madrileña como preparativo de cara a primeira proba do OPEN ESPAÑA, obtendo moi boas sensacións nesta modalidade que, no ano 2020, víanse obrigados a suspender as probascomo medida preventiva culpa da pandemia da COVID, nas categorías Cadete e Junior.
Despois dun ano sen probas de XCO para a maioría dos catorce corredores achegados ata a comunidade de Madrid, conseguiron poñer o nome do Porriño en cinco podios que foron o finalmente acadados polo integrantes da escola.
O primeiro podio chegaba da man de Andrés Martínez na categoría Cadete masculino que conseguía cruzar primeiro liña de meta nunha espectacular xornada onde arrancaba a carreira desde a ultima fila, sen sair da categoría cadete pero esta vez as féminas Uxía Soto conseguía impoñerse e subir o mais alto do podio acompañado no terceiro posto pola súa compañeira de equipo Aroa Otero que tras sufrir unha espectacular caída soubo aguantar a posición loitando ata o último momento pola segunda praza, unha Aroa Otero que unha semana antes conseguía impoñerse con autoridade na localidade leonesa de Bembibre onde disputou COPA BEMBIBRE DE BTT, e sen esquecer a Marte Estévez que conseguía cruzar a liña de meta en cuarta posición.
Os dous seguintes podios chegarían da man da categoría Junior , onde na categoría féminas Laura Mira conseguía entra na posición de prata e na categoría Junior masculino Gabriel Conde conseguía o segundo bronce para a escola de ciclismo Avanza.