Sábado, 3 Maio de 2025

A porriñesa Noemí Fernández representa a España no «Tour Music Fest» de Roma

A cantante porriñesea Noemí Fernández, foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García de la Torre e por Lourdes Moure, concelleira de Educación, que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo ‘Tour Music Fest’ no que Noemí representará a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.

Noemí competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do ‘Tour Music Fest’ superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de ‘Rise up’ na que tamén tocaou o piano.

Se Noemí gaña en Roma acadaría unha beca universaritaria para continuar os seus estudos musicais en Estados Unidos ademáis dun premio en metálico de 10.000 euros, a grabación dun single, un videoclip e unha xira promocional.

Por outra banda, a alcaldesa confirmou que Noemí Fernández vai participar no encendido do alumeado de Nadal previsto para o vindeiro 3 de decembro así como na festa ‘pre-fin de ano’ do 30 de decembro e na festa de Reis en xaneiro.