Domingo, 4 Maio de 2025

A Escola Municipal de Música abre a matrícula para o curso 2020/2021

Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.

As listaxes están expostas nas portas do Centro Cultural e da Escola Municipal de Música.
Na formalización da matrícula cumpriranse as normas establecidas no protocolo anexo.
O alumnado inscrito fóra de prazo poderá matricularse a partir do día 22 de setembro de 16 a 18 horas, sempre e cando queden prazas dispoñibles.

A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica:

• Música e Movemento os 4 a 7 anos
• Linguaxe Musical do nivel elemental e medio (entre outras materias) dende os 8 en adiante e sen límite de idade.
• Especialidades instrumentais:
violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, canto, gaita, percusión tradicional, oboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión sinfónica.
• Agrupacións: Banda, Orquestra, Conxuntos de Música Tradicional e Corais de nenos e adultos.

As clases comezarán no mes de outubro nas novas instalacións da Escola Municipal de Música no Edificio Multiusos de Torneiros.

Protocolo de matrícula

– As matrículas realizaranse en intervalos de entre 5 e 10 minutos. Rogamos máxima puntualidade. Cada estudiante ten a súa hora de matrícula, e unha vez pase o seu turno non se lle poderá atender.

– Preferentemente entrará a formalizar a matrícula unha única persoa por estudiante. No caso de familias con varios membros, recomendamos que sexa un único representante o que formalice a matrícula.

– É obrigatorio o uso da mascarilla.