O Pazo de Mos acolleu o acto de posta en valor da Campaña Mos Axuda no Nadal que leva xa recaudados 4.000 quilos de alimentos para 84 familias e 178 usuarios e usuarias do departamento de Política Social e para que ningún dos 50 nenos destas familias quede sen o seu agasallo de Nadal.
Tratouse dun encontro moi emotivo e de agradecemento a voluntarios, asociacións, clubes e empresas que fan posible a campaña de Mos Axuda no Nadal. Campaña de recollida de alimentos para que todas as familias teñan unhas doces festas navideñas e todos os cativos de Mos manteñan a ilusión de abrir o seu agasallo.
Durante a xuntanza a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, destacaron o gran labor dos voluntarios e voluntarias de Mos Axuda: María, Elías, Chus, Sara, Andrea, Brais, Julio, Tere, Hilda e Carlos. E agradecéronlles a súa colaboración ás empresas que aportaron desde contías económicas diferentes, ata alimentos de todo tipo, produtos navideños, de hixiene, tarxetas para compra en supermecado, etc. Foron: Disgobe, Reciclajes Avi, Noribérica, Afamsa, Tesis Galicia, Hierros Caldas, Autos Rivada, Serbafer Baterías, Industrias Afines, Darlim, Cartonajes Pérez, e Alcampo.
Tamén lle deron as grazas a todos os colectivos colaboradores que organizaron recollidas solidarias en beneficio desta campaña como o Club Louro Tameiga o Pazo de Mos, Coches Clásicos Mos, Club Tenis de Mesa Mos, Novas Xeracións, AEMOS, Escola Infantil Trastes, IES de Mos, EVD Galicia e outros centros educativos como os CEIPs de Atín-Cela e Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda e o Colexio Lar.
As representantes municipais Arévalo e Cebreiro insistiron así mismo en poñer en valor como piares fundamentais para levar a cabo a campaña aos voluntarios/as Mos de Axuda e aos voluntarios Protección Civil.
Ademais lembraron que “este ano como novidade a campaña Ningún Neno sen Xoguete facémola da man e en colaboración coas Escravas da Virxe Dolorosa, a través do seu proxecto Magos e Estrelas co que cumpriremos a ilusión de 50 nenos”.
Por último informaron de que ata o momento xa se levan recollido 4.000 kg de alimentos que se lle entregarán a 84 familias que suman un total de 178 usuarios dos servizos sociais do Concello de Mos.