Domingo, 4 Maio de 2025

Os exteriores do Pazo de Mos acolleron o desfile e concurso de deseñadores noveis ‘DESFILAMOS’

A iniciativa, co obxectivo de poñer en valor o encaixe no Camiño de Santiago, foi organizada polas Palilleiras de Mos e contou con preto de 300 persoas entre o público

Onte pola tarde ás 21:00 horas tivo lugar, no Pazo de Mos, o desfile ’DESFILAMOS’ que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos. No acto, que contou con preto de 300 persoas entre o público, estiveron presentes Montserrat Pereira Troitiño, presidenta da Asociación de Palilleiras de Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Participación Cidadá e Cultura e Turismo mosense, e demais membros da Corporación Municipal do Concello de Mos.

Esta iniciativa enmárcase dentro dunha proposta da Asociación de Palilleiras de Mos para o programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Deste xeito a contorna do Pazo de Mos acolleu hoxe un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores e coa presenza tamén de pezas de deseño de varias firmas galegas de moda, entre elas Mekkdes, de Patricia Ferreira.

O programa autonómico “O Teu Xacobeo” financia estas iniciativas das Palilleiras de Mos con motivo do Ano Santo, e co obxectivo de impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio, pero tamén para ser un revulsivo para a recuperación turística da zona tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19.

[su_image_carousel source=”media: 43847,43846,43850,43849,43845,43844,43843,43840,43841,43842″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]