18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosO Programa Integrado de Emprego de Mos supera, no que vai de...

    O Programa Integrado de Emprego de Mos supera, no que vai de ano, o 50 % de inserción laboral

    O Programa Integrado de Emprego 2023 Concello de Mos, continúa coas suas accións incorporando ao mercado laboral, diversos postos vencellados aos itinerarios realizados coas 100 persoas usuarias do mesmo. Así o informou a concelleira de Formación e Emprego e responsable da Axencia de Colocación, Julia Loureiro, quen tamén explicou que “cóntase coa colaboración de empresas locais para a cobertura de vacantes na tempada estival, realizando tarefas de intermendación laboral nos postos máis demandados e vinculados principlamente aos sectores de referencia na contorna: Sector Servizos e Sector Industrial”. Trátase esta da oitava edición do Programa Integrado de Emprego de Mos que titoriza a 100 usuarios na busca proactiva dun posto de traballo.

    Esta VIII edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos comezou en novembro do ano pasado e conta con subvención auntonómica da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que aporta 250.000 euros do total de 314.465,41 euros que custa o proxecto. O importe restante é cofinanciado pola administración local mosense.

    Dos 100 participantes no Programa, na actualidade, están traballando 51 e a realizando prácticas non laborais 11 persoas usuarias, ademais continuar asesorando e orientado a aquelas persoas demandantes na procura activa de emprego, nos procesos de selección ou noutros perfís profesionais dende a perpectiva do actual mercado laboral, para poder acadar con éxito a inserción laboral da totalidade das persoas participantes antes da súa finalización o vindeiro 16 de novembro.

    Con esta porcentaxe actual de inserción do 51 % xa se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45 % das persoas participantes. Aínda que se aspira a a inserción laboral da totalidade das persoas participantes. Outros dos obxectivos do Programa Integrado son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante tales como a axuda de 7 €/día por participar nas acciós que se establezan nos seus itinerarios de inserción e medidas de conciliación, se as necesitan. Todas as persoas interesadas en participar no novo Programa Integrado de Emprego, na súa vindeira 9ª edición 2023-24, que solicitou o Concello, poden achegarse á Axencia de Colocación, chamar ao 986487786 ou ben solicitalo no correo piemos@concellomos.es.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS