Mércores, 7 Maio de 2025

O Programa Integrado de Emprego de Mos organiza unha exitosa mesa de comercio

Onte tivo lugar no Multiusos das Pozas de Mos, unha mesa do sector do comercio, organizada polo Programa  Integrado  de Emprego do Concello de Mos.

O acto foi inaugurado pola alcaldesa do Concello de Mos, Nidia María Arévalo Gómez, que aproveitou  a ocasión para agradecer a  asistencia  desinteresada das empresas  participantes, así como de todas as empresas do municipio e arredores que colaboran no programa de práticas e inserción .

A alcaldesa aproveitou esta ocasión para facer balance positivo do compromiso do Concello de Mos co emprego e asi mesmo agradecer a implicación de AEMOS en todo o relativo a esta materia;  formación, técnicas e programas de búsqueda de emprego.

Nesta ocasión contamos coa colaboración e participación dos seguintes poñentes:

AEMOS: Francisco Domínguez – Xerente

RODAVIGO: Nazario Correa – Director Xeral

VEGALSA: Tania Herbojo – Técnica De Selección

LEROY MERLIN: Isabel Rodríguez – Hr Bussines Partner

Cerca de un centenar de personas puideron asistir presencialmente ou a través  de streaming  ao evento da mesa sectorial.

Dende o programa Integrado  do  Concello de Mos, consideramos moi  beneficioso,   didáctico e práctico a realización  de  sesións , coloquios e mesas sectoriais  para dar a oportunidade  ós usuarios participantes  de ter un contacto directo e cercano  coas  empresas, nas que poder resolver as súas dúbidas e inquedanzas  relacionadas co mercado laboral.

Dende o ano 2015 o Concello leva executados 6 programas integrados de emprego nos que atendeu a casi 500 persoas cunha procentaxe de inserción dun 75%.

Dentro dos retos acadados neste VI Programa Integrado que se está a desenvolver dende o pasado día 9 de novembro de 2020 o 65% das personas participantes traballan ou traballaron. Ademais impartíronse un total 1062 horas de formación (transversal e específica) e 2270 horas de formación en liña, así como diversos convenios de prácticas con empresas de diferentes sectores nos que participaron  un total de 17 persoas ata o día de hoxe.

O acto foi clausurado pola concelleira de Promoción económica, desenvolvemento empresarial e Emprego, Julia Loureiro Campo, que convidou a todas as persoas asistentes á facer uso dos servicios municipais de emprego ubicados na Axencia de Colocación de Mos.