21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosO Club Natación Mos organiza o X Campionato de Natación Escolar Val...

    O Club Natación Mos organiza o X Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

    A participación está destinada a escolares de toda a comarca, que nacesen entre o 2009 e o 2016, ambos os anos incluídos.

    O Club Natación Mos, en colaboración co Concello de Mos, organiza unha nova edición do Campionato de Natación Escolar Val da Louriña, que este ano chega á súa décima edición. O campionato desenvolverase na Piscina Municipal de Mos o vindeiro sábado 27 de maio ás 17:00 horas e a inscrición será gratuíta.

    O campionato desenvolverase por categorías, que se corresponderán a ano de nacemento e sexo, habendo medalla para os 3 primeiros clasificados por ano e sexo e diploma de “finisher” a todos os participantes.

    A inscrición poderá realizarse ata o 23 de maio, tanto de forma física na Piscina Municipal de Mos como enviando un e-mail a: enviosmos@gmail.com.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.