11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosMos reforza o seu servizo de limpeza viaria cunha partida de 300.000...

    Mos reforza o seu servizo de limpeza viaria cunha partida de 300.000 euros, a maior da súa historia

    Nestes intres hai 26 operarios en activo dedicados desbroce, sega e limpeza de cunetas nos 500 quilómetros de viais municipais existentes

    A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou onte, en sesión ordinaria semanal, a adxudicación do contrato á empresa concesionaria do servizo de sega, desbroce e limpeza de cunetas.

    Así o informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Servizos, Baldomero Lorenzo. Quenes anunciarion que os traballos se iniciarán de xeito inminente e que entre traballadores municipais e da empresa suman 26 operarios dedicados a este servizo, tan importante para un Concello rural agora que se aproxima a tempada estival.

    O Concello conta con 14 traballadores neste servizo e agora súmanse 12 máis da nova empresa de desbroce contratada (9 operarios e 3 conductores de maquinaria pesada). Un total de 26 persoas que intensificarán os labores de limpeza viaria.

    En canto aos medios materiais aos 2 tractores dos que dispón o Concello súmanselle agora 1 retro excavadora, 1 tractor desbrozador e 1 camión da nova empresa. 5 vehículos pesados que se suman aos medios manuais para manter en perfecto estado de limpeza os 500 quilómetros de viais municipais.

    O contrato ten unha duración de 9 meses e un orzamento de 300.000 euros, o máis alto da historia do Concello de Mos dedicado a limpeza viaria.

    A empresa adxudicataria realizará a limpeza e desbroce de todas as cunetas e marxes dos camiños municipais nas 10 parroquias mosenses.

    Realizaranse os traballos na lonxitude total de viais obxecto da limpeza, mediante desbroce de maleza nas dúas marxes do vial, nunha faixa de dous metros (2 m) medidos dende a gabia cara ao exterior e a ambos os dous lados do vial. Todas as zonas quedarán completamente limpas unha vez realizado o traballo, retirando ao longo da mesma xornada todos os residuos xerados, os cales deberán ser xestionados adecuadamente. Farase desbroce de taludes e marxes, e limpeza de marxes e cunetas de camiños.

    Os medios técnicos que empregará a empresa para realizar os traballos son: 9 operarios distribuídos en 3 equipos de traballo con equipos individuais de desbroce (6 desbrozadoras de mano con útiles suficientes), expertos no manexo, equipos para limpeza de canles e cunetas, equipos de carga e transporte do material procedente do desbroce e limpeza, con persoal cualificado para seu manexo (mini volquete para acopio segundo necesidade). Medios auxiliares de limpeza cunetas e canles (máquina retro excavadora con operario condutor e medios auxiliares para limpeza cunetas e canles segundo necesidade), 3 operadores de mochila, equipos de auga a presión e todos os necesarios para a correcta limpeza das canles e cunetas así como 3 furgonetas para o transporte dos operarios. 1 tractor desbrozador, con brazo suficiente e útiles necesarios para un completo desbroce, con 1 condutor debidamente cualificado e coa suficiente experiencia para seu manexo, e con todos os dispositivos de seguridade e persoal necesario esixidos en normativa. Camión con 1 operario condutor para transporte a vertedoiro autorizado. De entre os operarios obrigatorios do contrato, a empresa adxudicataria debe designar un encargado por equipo que coordinará co responsable do Concello de Mos a distribución e correcto desenvolvemento dos traballos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.