8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosInicio inminente da mellora do Cemiterio Municipal de Torroso

    Inicio inminente da mellora do Cemiterio Municipal de Torroso

    A obra consiste na drenaxe pola parte traseira e na impermeabilización da cuberta de 3 grupos de panteóns

    O tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras mosense, Camilo Augusto, reuniuse xunto co arquitecto municipal no Cemiterio Municipal de Torroso, con representantes da Asociación de Veciños da parroquia, para realizar a verificación dos traballos a acometer no cemiterio e que se iniciarán de xeito inmediato, pois o procedemento de contratación xa se atopa rematado e seleccionada a empresa adxudicataria da obra.

    A mellora do cemiterio de Torroso consiste na drenaxe de 3 grupos de panteóns pola parte traseira dos mesmos, xa que existían filtracións de auga nos nichos. Deste xeito acometerase a impermeabilización da cuberta dos 3 grupos de panteóns. Un dos grupos ten 75 metros cadrados de cuberta e os outros dous 48 metros cadrados cada un. O orzamento a investir nesta obra ascende a 25.000 euros, subvencionado íntegramente pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

    Para elo asinouse un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado drenaxe no Cemiterio Municipal da Gándara-Torroso.

    A maiores desta obra, os veciños decidiron actuar tamén noutra zona para mellorala. Na devandita actuación a Asociación Veciñal actúa como intermediaria, e o Concello realizará a súa aportación, nesta obra que se acometerá a maiores da do drenaxe.

    Convenio coa Xunta

    Pola súa banda o proxecto denominado drenaxe no cemiterio municipal da Gándara-Torroso, ten como obxecto darlle solución inmediata aos problemas de filtracións e humidades nas sepulturas e nichos do cemiterio, co fin de evitar afundimentos.  A mellora é especialmente importante para a zona máis antiga do cemiterio.

    Así pois, o convenio de colaboración entre a administración local mosense e a Consellería de Presidencia responde ao interese público e social que representa a acción de fomento da execución dunhas actuacións imprescindibles para o normal funcionamento da entidade local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.