Domingo, 4 Maio de 2025

Dúas persoas feridas en Mos tras producirse un accidente

Un accidente entre dous coches na A-55, ao paso pola parroquia de Sanguiñeda, no termo municipal pontevedrés de Mos, deixou a dúas mulleres feridas na noite de onte.

Os feitos tiveron lugar poucos minutos antes da medianoite á altura do punto quilométrico 13. Nese momento, varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso e solicitar asistencia médica para as dúas ocupantes dun dos vehículos. De acordo coa información facilitada aos xestores do 112 por un dos alertantes, os turismos entorpecían a circulación.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros do Porriño e dos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron ao 112 que as feridas foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia.

Para garantir as condicións de seguridade na vía, tamén solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento das estradas.