As entidades destínano a traballos de mantemento, obras e equipamentos para os seus locais. Soamente no que vai de 2020 foron 110.000 € os concedidos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e xustiza, a través do Plan específico de acción comunitaria.
O equipo de goberno local destaca o labor desinteresado das diferentes directivas dos devanditos colectivos, que co seu traballo diario enriquecen o valor cultural e deportivo do concello de Mos.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; visitou onte as dependencias da Asociación de Veciños de Cela onde destacou o esforzo destes colectivos e agrupacións por manter vivas as diferentes tradicións culturais e actividades, agradecendo o seu labor tanto a directivas como a participantes. Por iso afirmou que “a pesar das dificultades económicas que veñan dependidas da pandemia ou de outros motivos, o concello sempre tratará de apoialas buscando fondos se é necesario noutras administracións. Declarou que “é un orgullo contar con tastas asociacións culturais, sociais e veciñais que enriquecen a Mos co seu traballo e coa súa cultura”.
Esta obra en concreto para o aislamento térmico e acústico de salón de actos e mellora de equipamento coa adquisición de mobiliario, suma un total de 17.000 € de inversión neste local.

As diferentes subvencións están a ser invertidas en varias asociacións destinadas a obras, tales como acondicionamento de instalacións, reforma de fiestras, obras de acondicionamento da accesibilidade, melloras eléctricas, compra de mobiliario, etc.
Dende o ano 2016 foron moitas as entidades sociáis que poideron beneficiarse deste tipo de subvencións, entre outras; a Asociación de veciños San Rafael, a Asociación de Veciños Chan do Bosque, a Asociación de vecinos San Mamede de Torroso e Asociación Veciños Santa Baia, Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, Asociación de Veciños de Dornelas…