O Concello de Mos vén de presentar a campaña CoidaMos, que inclúe a nova imaxe corporativa do Servizo Municipal de recollida de lixo, rotulada e implantada tanto nos novos contedores como nos camións de recollida, que foron rotulados co novo deseño.
A campaña foi presentada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente, mantemento de zonas urbanas, e parques e xardíns, Laura Méndez, responsables da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, FCC, e operarios que prestan diariamente o servizo en Mos.
As representantes municipais, Arévalo e Méndez, explicaron durante a presentación que “esta campaña informativa céntrase na difusión da información dos servizos ao dispor dos veciños no que se refire a recollida de lixo. Ten co obxectivo concienciar e informar sobre a recollida selectiva e incentivar a utilización do Punto Limpo por parte da poboación para tratar de reducir a proliferación de vertquidos incontrolados”.
A campaña inclúe o envío a todos os domicilios mosenses dun folleto informativo coas característica e os distintos tipos de servizos. Información sobre o tipo de contedores e a súa utilidade, coa novidade da próxima implantación do contedor marrón de residuos orgánicos ‘Fracción orgánica’. Tamén se informa da recollida a domicilio de entullos e facilítase o número de teléfono para a súa xestión.
“A novidade desta campaña consiste en incentivar a utilización do punto limpo por parte da poboación para tratar de reducir a proliferación de verteduras incontroladas, para iso incluíuse nos folletos unha cartilla para conseguir premios. A cartilla débese completar con selos cada vez que se acuda ao Punto Limpo a depositar un desfeito para a consecución dun incentivo (baños libres na piscina municipal e botellas de aluminio das novas mascotas da campaña, @s Mosiñ@s, para a poboación infantil, e bonos de piscina e sauna gratis para a poboación adulta)”, explicou a edil responsable, Laura Méndez.
No mes de febreiro a campaña centrarase nos centros escolares de Mos, onde serán impartidas por persoal especializado da empresa FCC charlas informativas, durante as que tamén se repartirán os folletos dirixidos á poboación infantil, sempre da man d@s Mosiñ@s mascotas do programa CoidaMos.
Toda a información sobre esta campaña educativa e de sensibilización medioambiental poderase consultar a través do código QR que aparece nos novos contedores rotulados coa nova imaxe de CoidaMos.
Durante a presentación rexedora local e concelleira aproveitaron para lembrar que as recollidas especiais de aparatos eléctricos e electrónicos como electrodomésticos, televisores, aparatos eléctricos, etc. realízasr todos os martes e sábados e, tras avisar por teléfono, os solicitantes poden depositar os residuos o día anterior para á súa recollida no colector máis próximo ó seu domicilio. O horario de chamadas é de luns a venres: de 09.00 a 14.00 h.
A recollida de voluminosos como mobles, colchóns, sillas, somieres, etc. ten un horario de chamadas de luns a venres: de 09.00 a 14.00 h e un horario de recollida: os martes e sábados, tras avisar por teléfono. Os solicitantes poden depositar os residuos o día anterior a súa recollida no colector máis próximo ó seu domicilio.
A recollida de podas deberá ir en bolsas de un máximo de 2m. Requírese tamén chamada previa en horario de luns a venres: de 09.00 a 14.00 h. O horario de recollida será o último xoves de cada mes.
Para todas as recollidas é obrigatorio chamar ao 672 72 98 60.
Así mesmo o Punto Limpo é un servizo municipal de balde para todos os veciños e veciñas de Mos no que se poden desfeitar mobles, enseres, electrodomésticos, cables e aparellos informáticos, madeiras, restos de poda, plásticos, metais, aceite vexetal, etc. Atópase situado no Parque Empresarial Mos-A Veigadaña, Parcela CES-2 e aberto todos os martes e xoves de 10.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.30 h, e os sábados: de 10.00 a 14.00 h.
Acudir ao Punto Limpo ten premio en Mos agora coa posta en marcha da nova campaña medioambiental CoidaMos.
Para o público infantil o premio é un bidón de aluminio reciclado de 400 ml coas mascotas d@s Mosiñ@s e o xeito de participar é recorta a cartilla, levar os residuos ao Punto Limpo, levar a cartilla e cada vez que leven residuos pedir un selo e cando completen a cartilla con todos os selos entrgala no Concello de Mos e trocala polo premio que tamén pode ser a opción de baños libres na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro.
No caso do premio para os adultos o procedemento é o mesmo e a cartilla, unha vez completada, poderá ser trocada por dous bonos para dúas persoas para acceder á piscina municipal incluíndo a sauna. Para obter máis información sobre esta campaña as persoas interesadas poden chamar ao 986 09 70 37.
Por último durante a presentación lembrouse que é necesaria a responsabilidade cidadá e veciñal para manter un Mos limpo, e que as condutas inapropiadas, poden ser sancionables aínda que non sexa a vontade inicial da administración local a imposición de multas. O abandono, incluído o do lixo disperso, o vertido e a xestión incontrolada de calqueira tipo de residuos non perigosos sen que se puxera en perigo grave a saúde das persoas ou producira un dano ou deterioro grave para o medio ambiente pode comportar multas que poden oscilar entre os 2.001 e os 100.000 euros.