A Xunta de Galicia destina este ano 51.700 euros a subvencionar melloras en Comunidades de Usuarios de Augas de Mos. As 5 beneficiarias son a Comunidade de Usuarios de Augas para Usos Domésticos do Barrio de Castro-Mos, a Comunidade de Usuarios Mina do Ferreiro, a Comunidade de Augas de Torroso, a Comunidade de Augas Fonte do Pobo, e a Comunidade de Usuarios de Fonteliña.
Grazas ás subvencións autonómicas recibidas, estas Comunidades de Augas puideron acometer melloras en depósitos, acondicionamento de instalacións e reposicións de tubaxe, entre outras melloras.
Ademais de a estes colectivos, a Xunta axudou económicamente no que vai de 2020 a varias asociacións veciñais, sumando no que vai de 2020, 110.000 euros concedidos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e xustiza, a través do Plan Específico de Acción Comunitaria, repartidos entre Comunidades de Usuarios de Augas e Asociacións de Veciños.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; visitou onte, acompañada da concelleira da Parroquia de Sanguiñeda, Begoña Toucedo, as dependencias da Asociación de Veciños Chan do Bosque que grazas á axuda da Xunta puido acometer unha obra de acondicionamento e mellora da planta baixa do seu local social, entre outros traballos, nos que se fixo unha inversión total de máis de 13.000 euros.
As diferentes subvencións están a ser invertidas en varias asociacións destinadas a obras, tales como acondicionamento de instalacións, reforma de fiestras, obras de acondicionamento da accesibilidade, melloras eléctricas, compra de mobiliario, etc…
Ademais de Chan do Bosque e as 5 Comunidades de Augas antes citadas, as outras 4 Asociacións de Veciños mosenses que recibiron axudas da Xunta son as de Celado de Cela, San Rafael de Pereiras, San Mamede de Torroso e Santa Baia de Mos. En total 10 colectivos mosenses entre os que se reparten 110.000 euros en subvencións.