Onte pola tarde celebrouse no Concello de Mos a recepción a María del Carmen Barros Serodio, unha moza recén graduada pola Universidade de Vigo que sobresae pola excelencia do seu expediente académico.
Na recepción a María del Carmen estiveron presentes, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira mosense de Política Social e Igualdade, Participación Cidadá, Cultura e Turismo, os pais da homenaxeada (Carmen Serodio e Antonio Barros) e demais membros da Corporación Municipal.
María del Carmen Barros é unha estudante oriunda de Mos, parroquia de Tameiga, que fixo a súa formación académica na ensinanza pública. Os primeiros anos da súa educación pasounos no CEIP Pena de Francia, a ESO e o Bacharelato cursounos no IES de Mos e a ensinanza superior na Universidade de Vigo. Nesta última graduouse en xuño deste ano en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, cunha nota media de 9,4488 e 18 matrículas de honra, unha delas no traballo de fin de grao; despois de acceder á universidade cunha nota de 13,110 sobre 14.
Barros tivo ademáis o mellor expediente académico de bacharelato do IES Mos do ano 2018 (vixésima promoción) cunha nota media de 9,210.
Co seu tesón, traballo e perseverancia, María del Carmen quere ser exemplo de que calquer persoa, con esforzo e ilusión, pode – independientemente da seu orixe social e dende a ensinanza pública- acadar os maiores logros na súa formación e oportunidades de futuro.
Desde o Concello de Mos quérese dar visibilidade a este caso pola súa importancia, trascendencia e relevancia; para dárlle a valía que merece a esta moza, ao tempo que pon en valor a ensinanza pública en xeral, e os centros de ensinanza públicos de Mos en particular, así como animar ás xeracións actuais e futuras a que con esforzo todo se acada.