Tag: río tripes
Actuación de eliminación de especies invasoras na beiras do río Tripes
O Concello de Tui vai dirixirse aos sesenta propietarios e propietarias de terreos lindeiros coa zona Dominio Público Hidráulico nas beiras do río Tripes ou Cotarel para solicitar a súa autorización para estender ás súas parcelas a actuación de loita contra especies exóticas invasoras que vai realizar a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.
O tren turístico da Eurocidade Valença-Tui realizará esta fin de semana dúas viaxes até os muíños do Tripes
Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal.