Domingo, 4 Maio de 2025

Nastasia Zürcher enche Tui de música no proxecto «Camiño A Dentro»

«Un camiño de fusión e liberdade» terá como escenario a tudense Praza de San Fernando, fronte á Catedral, o venres 20 ás 18:30 horas

O proxecto da Deputación de Pontevedra, «Camiño A Dentro» segue debullando etapas e logo de achegar a música de percusión ao Porriño; o debuxo e a ilustración a Oia; o teatro á Guarda e a fotografía a Nigrán, encherá Tui de música da man de Nastasia Zürcher o sábado 19 de outubro, ás 18:30 horas no Paseo da Corredoira.

A autora

Cantante e compositora galego-suíza, Nastasia Zürcher (Xenebra, 1988) foi galardoada e nomeada dúas veces aos premios Martín Códax da Música (Galician Music Awards, categorías ‘Blues, Funk & Soul’ e ‘World Music’).

[su_image_carousel source=”media: 7459,7458,7460″ crop=”16:9″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Recentemente Nastasia Zürcher publicou o que xa é o seu segundo álbum de estudo, ‘Bat’. O traballo flúe por estilos coma o neo soul, o R&B contemporáneo e as chamadas músicas do mundo. 

Na súa xira de presentación #TheBEATtour, que está a tocar en salas e festivais como o Festival Noroeste, o XVIII Ribeira Sacra Festival e a Sala Capitol, Nastasia Zürcher rodéase de músicos de primeirísima liña nun potente e aplaudido directo composto unha vez máis das súas propias composicións e baixo a mirada do arranxador e produtor Adrián Saavedra. Con el leva o disco ao directo nun formato especial a dúo dándolle unha sonoridade máis urbana e fresca asentando os beats (ritmos) en pads e loops creados en directo.