26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTui'Muller Tui' impartirá un total de nove obradoiros en agosto e setembro

    ‘Muller Tui’ impartirá un total de nove obradoiros en agosto e setembro

    Está aberto o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros que se van impartir dentro do Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade ‘Muller Tui’ que impartirá un total de nove accións formativas a celebrar neste mes de agosto e o de setembro. As actividades están orientadas a mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e a dotalas dos recursos necesarios para mellorar  a súa participación social e laboral.

    A primeira das actividades terá lugar o próximo martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h co título de ‘Obradoiro de autocoñecemento’. Correrá a cargo da psicóloga experta en igualdade Mónica Novás. As prazas son limitadas polo é preciso inscrición previa no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e  687 227 190. Xa o venres 14 impartirase o taller ‘Autocoidado e Empoderamento’.

    As mulleres interesadas poden inscribirse nestes obradoiros no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e  687 227 190.

    Calendario de Obradoiros

    • Martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h Obradoiro de autocoñecemento
    • Venres, 14 de agosto, de 10 a 12 h Autocoidado e Empoderamento
    • Venres, 21 de agosto, de 10 a 12 h Sexualidade
    • Venres, 4 de setembro, de 10 a 12 Obradoiro “A actitude Multiplica”
    • Venres, 11 de setembro, de 10 12 h Dereitos e recursos que asisten ás vítimas de Violencia de Xénero
    • Venres, 18 de setembro, de 10 a 13 h Obradoiro Ideas de Negocio. Emprendemento
    • Martes, 22 de setembro de 10 a 12 Mercado laboral oportunidade de emprego
    • Xoves, 24 de setembro de 10 a 13 h Novas tecnoloxías na procura de emprego
    • Venres 25 e martes 29  de setembro de 9 a 14 h Módulo de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

    Cómpre lembrar que o programa ‘Muller Tui’ está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.