Domingo, 4 Maio de 2025

Tomiño alberga a última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

O Espazo Fortaleza de Goian, no Municipio de Tomiño, alberga este sábado a quinta e última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, recta final que tras varias xornadas de competición lideran os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento.

Tras as citas deportivas de Tui, A Guarda, Portosín e Outes, a competición foise decantando ao lado coruñés, que desde o principio marcou o ritmo liderando o autonómico. Con todo a última palabra téñena as augas do Miño, hermanadas por España e Portugal e que esta fin de semana serán testemuñas do desenlace final deste Campionato Galego Inclusivo, que organiza a Federación Galega de Motonáutica en colaboración co concello tomiñés.

Non en balde, e a unha distancia aproximada séguenlles, no caixón do podio provisional da clasificación xeral, os vigueses Álvarez Camiña e Davila Piñeiro, sendo bronce os tudenses Carlos Estévez e Oswaldo Davila. Especial atención haberá que poñer tamén en pilotos como os local Marcos Casaleiro e o sadense Calos Facal.

Con arranque programado ás 10.30 horas da mañá, piloto e copiloto terán que enfrontarse a unha serie de probas de destreza, nun circuíto marcado por boias fondeadas sobre as que terán que trazar un percorrido con diversas dificultades, e que serán desveladas no último momento polo Comité de Xuíces da Federación Galega de Motonáutica.