20.4 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoParticipantes no programa de maiores de Tomiño pechan outro ano de actividades...

    Participantes no programa de maiores de Tomiño pechan outro ano de actividades cunha xornada en contacto coa natureza

    As máis de 20 persoas que participan no programa de maiores organizado polo Concello de Tomiño, co apoio da Deputación Provincial, pecharon o curso 2019-2020, cunha xornada en contacto coa natureza, que compartiron ademais con usuarios e usuarias do Centro de Día.

    A granxa escola «Corazón de Carballo» de Tomiño foi o enclave elixido esta vez para pasar unha xornada diferente, que comezou sobre as once da mañá cun taller de musicoterapia, no que logo de ensinarlles instrumentos musicais de todas partes do mundo, proxectaron vídeos coa música doutros países. Máis tarde, eles mesmos tocaron varias melodías con instrumentos de percusión (pandeiro, conchas, cascabeis, etc.) e por último, interpretaron cancións galegas tradicionais.

    Da man de Bibiana Álvarez Magallanes, psicopedagoga a cargo do programa de maiores «Reactívate», os usuarios e usuarias desfrutaron dunha merenda a base de sandía e biscoito caseiro. A continuación, divididos en dous grupos, uns foron a ver os diferentes tipos de aves da granxa, a Aula da Natureza, cunha fermosa colección de elementos, e os outros visitaron a horta, os demais animais e realizaron unha divertida actividade a base de refráns.

    Sobre as 14 h, comida elaborada especialmente no establecemento, e a partir das 15.30 h continuaron as actividades, até as 17.00 horas.

    Durante o curso, as persoas maiores do programa «Reactívate» fixeron 4 actividades principais: estimulación cognitiva, informática, xerontoximnasia e actividades específicas, dous días á semana, nas instalacións do Centro Vontade.

    A xornada en Corazón de Carballo, cos anfitrións Xosé Martínez e Diana Balboa (musicóloga especializada en Lisboa e Oxford) e o resto de monitores, foi unha boa oportunidade para afianzar as súas aptitudes físicas e intelectuais, con momentos de convivencia e de expresión artística que fan deste programa unha opción moi atractiva.

    A concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, salienta a importancia de que as persoas maiores do concello, “teñan unha boa calidade de vida, mantendo as súas capacidades no mellor nivel posible e fomentando unha boa autoestima e sociabilidade”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS