Luns, 12 Maio de 2025

Iniciadas as obras de mellora da seguridade viaria na PO-552 entre Tomiño e Tui

Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses e complementaránse coa reordenación dos pasos de peóns, reforzo do alumeado e execución de beirarrúas

A Xunta vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos Concellos de Tui e Tomiño, unha actuación enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas. Os traballos a realizar contan cun investimento de 548.000 euros e teñen un prazo de execución de 12 meses.

A Consellería de Infraestruturas, considerando as achegas recibidas no proceso de información pública, definiu a execución dunha glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344, en Tomiño; a mellora da intersección do punto quilométrico 69+150; e a construción doutra rotonda na intersección coa estrada PO-350, no Concello de Tui.

Estas medidas compleméntanse coa reordenación dos pasos de peóns, adaptándoos á nova configuración das interseccións. Reforzarase a iluminación específica para estes pasos, con sistemas detección de peóns que mellorarán a percepción do peón por parte dos condutores.

Tamén se construirán beirarrúas no perímetro das glorietas executadas e se reubicarán as paradas de autobús, dotándoas ademais de novas marquesiñas.