Domingo, 4 Maio de 2025

Cerveira e Tomiño convocan un centenar de artistas ao 8º Certame de Pintura Antonio Fernández

O evento internacional conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Comunidade de Montes de Goián e da Fundação Bienal de Arte de Cerveira

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández cruza o río Miño da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño, por segunda vez.

Este certame, que chega á súa oitava edición, celebrarase o domingo 16 de agosto de 2020, cunha novidade moi importante: ábrese a participación a menores de 18 anos, con dúas novas categorías: xuvenil (de 13 a 17 anos) e infantil (de 6 a 12 anos).

Un ano máis, o tema do certame será calquera paisaxe do percorrido establecido no plano que cada participante deberá descargar ao realizar a súa inscrición en https://eurocidadecerveiratomino.eu/actividades. O procedemento e a técnica de pintura serán libres. A obra deberá realizarse in situ, ao aire libre, e do natural (non se permite a utilización de fotografías).

A inscrición será gratuíta e farase ata o 12 de agosto (inclusive), a través dos formularios habilitados na web e por rigorosa orde de inscrición. Debido as actuais circunstancias derivadas da COVID-19 a inscrición este ano só poderá facerse de maneira online. Non se permitirán as inscricións presenciais o día do certame.

[su_image_carousel source=”media: 17358,17360,17359″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Outra novidade é que por primeira vez haberá limitación de prazas, dispoñéndose dun centenar de lugares, repartidos da seguinte maneira: 25 prazas modalidade infantil (6 a 12 anos); 25 prazas modalidade xuvenil (13 a 17 anos), e 50 prazas categoría adulta (a partir de 18 anos).

As persoas inscritas deberán presentarse o día do certame entre as 9:30 e 11:30 horas (8:30 e 10:30h de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández na praza Pintor Antonio Fernández de Goián – Tomiño, co obxecto de que a organización sele e numere o soporte. Os participantes deberán manter en todo momento a distancia de seguridade e cumprir coas normas sanitarias establecidas para a prevención da COVID19.

Todas as persoas participantes poderán crear as súas obras nos espazos situados na contorna da parroquia de Goián (Tomiño) e Cerveira (Portugal).

O xurado, composto por personalidades vinculadas co mundo das artes e por membros das entidades patrocinadoras dos premios, emitirá o fallo ás 18:30 horas (17:30hPT).

Premios

Establécense os seguintes premios:

Categoría adultos:

  • 1º Premio: 1.500 euros.
  • 2º Premio: 500 euros.
  • 3ª Premio: 500 euros.

Categoría infantil:

  • 1º Premio: Diploma e bono por valor de 50€ para gastar na Bienal de Cerveira.
  • 2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 25€

 Categoría xuvenil:

  • 1º Premio: Diploma e bono por valor de 100€ para gastar na Bienal de Cerveira.
  • 2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 50€

Na categoría adultos o 1º premio será con cargo ao orzamento do Concello de Tomiño, o 2º Premio correrá a cargo da Comunidade de Montes de Goián, e o 3º, a cargo da       Fundação Bienal de Arte de Cerveira. Nas categorías infantil e xuvenil os primeiros premios correrán a cargo da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e os segundos do Concello de Tomiño.

As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade:

A concelleira de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez, explica que este certame forma parte das actividades desenvolvidas pola Eurocidade ao abeiro da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.