Domingo, 4 Maio de 2025

Aberto dende hoxe o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán e campos de voluntariado en Tomiño

A partir de hoxe, mércores, 19 de maio poderase solicitar praza para os Campos de Voluntariado 2021. Os campos de Galicia son para mocidade con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Noutras comunidades hai algunha praza para persoas a partir dos 16 anos.

No enlace http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran, no apartado Campos de Voluntariado, pode atoparse toda a información relativa á actividade e o formulario para solicitar as prazas.

Ao mesmo tempo, ábrese o prazo para solicitar prazas nos CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021 da Xunta de Galicia. Respecto das idades mínima e máxima, para poder participar nesta Campaña de Verán 2021, cómpre destacar:

  • As persoas nacidas no ano 2003 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2012 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, recomendan solicitar as prazas o antes posible, xa que adoitan esgotarse con rapidez.